Letra de Raiba operária

Keltoi

Letra de Raiba operária de Keltoi
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de RAIBA OPERáRIA de KELTOI.

( Keltoi )

Espertamos coa lúa ainda no ceo,
sen máis xente que o frío na rúa.
Ducha morna, café e mala hostia,
por diante dez horas no inferno.

Dende hai anos repetindo o mesmo.
Colle a funda e vai pra cadea...
Traballar coa boca pechada,
traballando e berrando en silencio:
Canto máis hai que agardar?
Cando imos perde-lo medo?
O medo a loitar!

Pra os que non viven só traballan
pra encher de cartos ao patrón.
I están no fío da navalla...
Pois ben sabemos que o xogo está claro:
Seguir producindo, seguir traballando,
sermos monicreques en mans duns bastardos.
Mais que estean certos que a clase operaria
non esquecerá.

E nós cambiaremo-la historia,
i eles terán a súa ración,
agora baixo a nosa bota
veremos que ben o pasan choiando,
coa testa agachada e suando o bandullo,
sentíndose nada, tragándose o orgullo,
xeonllos na terra, ollando a derrota
e pedindo perdón.

Sufrindo, loitando, sabendo
que algún día imos ser nos quen venceremos.
Seguimos téntandoo...
Tarde ou cedo, todo vai cambiar!