Letra de Bos e xenerosos

Keltoi

Letra de Bos e xenerosos de Keltoi
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de BOS E XENEROSOS de KELTOI.

( Keltoi )

Os séculos de sumisión, nunca os esquezades
mouros infernos sen final, longa noite de pedra
Lembrade a súa impiosición, lembrade as aldraxes
sermos lacallos dos seus reis, das súas maxestades
Sen dubidar, a quen mataban ou non
trouxeron as súas leis medrou o odio
Nos paseios do ´36, sangue nos camiños
corpos labregos caían bai-xo as balas do feixismo
Houbo quen non se axeonllou, quen non foi sumiso
e dende os montes respostou, eran os fuxidos
Nas súas mans, o orgullo dunha nazón
en forma de fusil ANTIFEIXISTA

Bos e xenerosos, lei de Breogán
O futuro é voso, dos vosos irmáns
Bos e xenerosos, lei de Breogán
En contra da inxustiza, ceibade Galiza, saíde loitar

Outono do ´72 , voso sacrificio
revoltas, en Vigo e Ferrol, mortos e feridos
Houbo quen non se axeonllou, ao ser despedido
e dende a rúa respostou, ó estado de sitio
O seu loitar, o exemplo que sementou,
o orgullo de sermos nós, a clase obreira

Bos e xenerosos, lei de Breogán
O futuro é voso, dos vosos irmáns
Bos e xenerosos, lei de Breogán
En contra da inxustiza, ceibade Galiza, saíde loitar (x3)

*Xa poden os leiros dar, colleitas ben abondosas,
poden en Madrid falar, con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca nos han pagar, a nosa fame de outrora*