Letra de Da mar e dos homes

Keltoi

Letra de Da mar e dos homes de Keltoi
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de DA MAR E DOS HOMES de KELTOI.

( Keltoi )

Nas vellas rúas do porto, entre a pedra e cheiro a mar
cae a noite e baixa a néboa noutro inverno sen final.
Bate a mar forte nas rochas, loita o vento por contar
centos de historias fermosas da mar e dos homes.

Nas tabernas mariñeiras entre cuncas e suor
os maiores ceiban verbas cheas de mar e de paixón.
Fálase de grandes viaxes, de mareas no gran sol,
fálase de mil naufraxios da mar e dos homes...

Ven canda nós e sente as historias dos vellos.
Lendas da túa xente, lendas dos teus antergos.

Moitos deron as súas vidas por compañeiros salvar
nos cantís do mar de Irlanda en noites de temporal.
Hai quen ten visto sereas e morreu por se achegar.
Non hai barco sen historia da mar e dos homes.

Ven canda nós e sente as historias dos vellos.
Lendas da túa xente, lendas dos teus antergos.

Mentres camiño a súa beira sinto a mar querer falar
diste eterno amor e odio da mar e dos homes.

Ven canda nós e sente as historias dos vellos.
Lendas da túa xente, lendas dos teus antergos.

Lendas que trae o vento.