Letra de Rock and roll

Ruxe-ruxe

Letra de Rock and roll de Ruxe-ruxe
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de ROCK AND ROLL de RUXE-RUXE.

( Ruxe-Ruxe )

Estou farto de todo, ¡non me importa nada!
Teño o demo no corpo, e férveme a alma.
Xa destrocei cristais, xa queimei bandeiras,
e xa me parou o corazón unha semaniña enteira.

Nada me ensinaron os mestres na escola,
de pequechiño engancheime á coca-cola,
nunca me fiei dos libros de historia,
preferín tronzar muros coa miña cachola.

?e eu ?QUERO ROCK AND ROLL?
?TODA A NOITE E TODO O DÍA?

E xisquei os principios todos nun montón,
Fun idiota, crin na revolución,
e o vello con razón moito me ten berrado.
meto os dedos nun enchufe e non dou ?espabilado?.

E hoxe é mal día para o r&r,
o xugo deste arado non deixa ver o sol,
e levo os petos cheos de pedras, ogallá foran millóns,
?docamal miña raíña? eu só che podo dar os meus beixos.

?e eu ?QUERO ROCK AND ROLL?
?TODA A NOITE E TODO O DÍA?

E virouse tola a maquinaria do reloxo,
sacúdeme no peito se me quedo durmido,
que aquí non cre en deus nin sequera o crego,
e xa adoece por mín o fodido burato.
- Victor Neira -