Letra de Anacos

Ruxe-ruxe

Letra de Anacos de Ruxe-ruxe
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de ANACOS de RUXE-RUXE.

( Ruxe-Ruxe )

Dei voltas sobre a miña propia cabeza
cando me lancei en picado
e despois esquecín ata a hora que era
e perdinme en pensamentos cos meus ollos pechados.

E petei cos meus osos contra o chao unha e outra vez
e pensei tantas cousas, tantas cousas cavilei
que entretanto ó frío chan?acostumei.

?e rompín en cachiños
cada pedazo de min,
e desfíxenme en anacos,
de todo me descosín?, (de todo me consumín)

E espertei unha tarde na que todo estaba a escuras,
nun burato no que as toupas me facían compañía
e encendín unha cera para tentar coa baralla
solitarios imposibles que endexamais terminaba?

E falei con pantasmas que a mente imaxinaba,
e cos pés ben coutados non fose que toleara,
ata que un día o demo polo baixo me chamara
para que as ascuas do inferno os meus osos me quentara?

? E agora xa son auga, xa son cinza, xa son aire,
agora son regato, son atmosfera, son home,
e agora xa son peixe, xa son terra, xa son ave,
e agora xa son vento, son semente, xa son mare.
Video de Anacos

Escuchar "Anacos" online

Ver el Top 20 de las letras de canciones de los artistas más buscados en general.

Top 20 de los artistas más buscados en US