Letra de Falou balbino

Ruxe-ruxe

Letra de Falou balbino de Ruxe-ruxe
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de FALOU BALBINO de RUXE-RUXE.

( Ruxe-Ruxe )

Nacín en primavera a carón dunha silveira,
no medio dunha leira á sombra da carballeira.

Morrín no aghre inverno á beiriña do regato,
coa friaxe, aterecido, baixo o relento do orballo.

...falou Balbino ó marchar,
?falou ó irse do seu lar,
?e deixounos forzas para loitar?
?hai tantas cousas que arranxar...

Nin alcaldes, nin gobernantes, nin cregos nin presidentes.
Nin xuíces, nin militares, nin conselleiros nin frades.

Nin ceder, nin adoecer, nin máis laios, mágoas e choros.
Nin perder, nin devecer, nin máis cadeas de escravos.

...falou Balbino ó marchar,
?falou ó irse do seu lar,
?e deixounos forzas para loitar?
?hai tantas cousas que arranxar...