Letra de Pensando en volver a ti (galego)

El Puto Coke

Letra de Pensando en volver a ti (galego) de El Puto Coke
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de PENSANDO EN VOLVER A TI (GALEGO) de EL PUTO COKE.

( El Puto Coke )

Pensando en volver a ti...
Que ledicia cando sae o Sol
Escoitar de novo o mar, lixeira brisa, sentir
E abrazarte, e terte, e quererte

Pensando en volver a ti...
Quero vivilo todo outra vez
Sentir como latexa o meu corazón

Pensando en volver a ti...
Quero percorrer montes e cantís
Vales, lagos, rias e costas
Gozar dos máis fermosos amenceres
E das xentes acolledoras.
Dos padais e dos manxares

Pensando en volver a ti
Os días pasan amodiño, con calma
Quero escoitar a túa respiración
Camiñar polas ribeiras, praias e fragas

E na terra do fin do mundo...
ver a lúa nos teus ollos

(Coro)

Eramos un, dous, dous, un
Na terra das meigas das luces e cores, das flores
Un, dous, dous, un
Na terra dos amores...

Os teus ollos, a túa boca... (Os recordos da nosa paixón)
Dos mil sabores e mares... (Das árbores, das lendas)
Das fermosas cidades... (Das inesquecibles sendas)

(Coro)

Pensando en volver a ti
Qué lenta é a espera...
Pero, aí chega
Aínda está lonxe...
Mírote
Mírasme...
Sorrín os teus ollos
Os teus pasos
Aceléranse....
Vés a min
Véxote
Vesme
Vémonos...
Xa chego
Xa chegas
Abrázame

(Coro)