Letra de Non son fada

Sés

Letra de Non son fada de Sés
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de NON SON FADA de SéS.

( Sés )

Se teórica é a causa,
práctica é a consecuencia.
Non quero asumir ausencias
nin chorar para partir.
Comer e deixar que comas,
vivir e deixar que vivas,
loitar se a loita é precisa
e rir se é preciso rir.

Non son fada nen princesa a quen mirar.

Non sei cobrar cando estimo
nen dou se non quero dar,
quero falar e falar
sen dar nada por ouvido.
Camiñar cos pés no chan
negar deuses asasinos,
non crer sen ver, dubidar,
confiar só nos sentidos.

Fanme rir porcos de pé,
contemplo olvido e memoria.
Só forxa patrias a historia,
fabríqueas quen quixer.
Cuspo enriba do papel
que mutile a identidade,
viro as costas ás vaidades,
deséxolle a morte aos reis.