Letra de Inem

Ruxe-ruxe

Letra de Inem de Ruxe-ruxe
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de INEM de RUXE-RUXE.

( Ruxe-Ruxe )

Fun á oficina do INEM
a ver se estabas ti tamén,
fun cos poemas de amor
que che escribín a noite anterior...

Eu fun á oficina do INEM, coma sempre
a ver se estabas ti tamén,
fun e non te atopei,
e agora aquí, sen ti, ¿que farei?...

MEU AMOR ATOPOU TRABALLO,
!CARALLO!, ATOPAR TRABALLO,
E EU AMOR A TI NON TE ATOPO,
!CARALLO!, NIN TAMPOUCO TRABALLO.

E agora vou para a oficina do INEM,
vou para nada e tanto me ten,
e de memoria repaso os versos
que me inspiraron os teus beizos.

E aquí estou parado na cola,
debaixo do brazo levo un xornal,
prometen cambios, pero nada troca,
e a primitiva de onte non toca...

MEU AMOR ATOPOU TRABALLO,
!CARALLO!, ATOPAR TRABALLO,
E EU AMOR A TI NON TE ATOPO,
!CARALLO!, NIN TAMPOUCO TRABALLO.