Letra de Na eirexa do san martiño

Ruxe-ruxe

Letra de Na eirexa do san martiño de Ruxe-ruxe
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de NA EIREXA DO SAN MARTIñO de RUXE-RUXE.

( Ruxe-Ruxe )

Na corredoira do inferno sinto o frío do inverno,
e as criaturas do averno danme xinebra e tabaco.

O rock&roll crucificoume, o whisky foi o meu pecado,
e ata o demo se pon firme cando me ten ó seu lado.

NA EIREXA DO SAN MARTIÑO,
EU PERDINME NO CAMIÑO...

Ennegrecín os meus pulmóns cada noite no almanaque,
e durmitei os meus sentidos deitado na herba do parque.

Queimei todos os aforros, paseei todos os vicios,
e arruinado e sen traballo, convertinme nun borracho.

NA EIREXA DO SAN MARTIÑO,
EU PERDINME NO CAMIÑO...

Escapei coma do lume, fuxín do teu velo branco,
e agardándome no altar os teus ollos moito choraron.

E o crego deume o seu responso cando non tiña remedio.
porque agora en vez de voda celebrouse o meu enterro.