Letra de Radio ruxe

Ruxe-ruxe

Letra de Radio ruxe de Ruxe-ruxe
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de RADIO RUXE de RUXE-RUXE.

( Ruxe-Ruxe )

Polo aire van voando coma se fosen paxariños,
entre as nubes van flotando, pasan ó lado dos anxiños,
xa están as antenas zoando, coas ondas tropaezando,
escoitase xa en todos os fogares tocar e tocar os transistores.

ESCOITA, SINTONIZA, QUE COUSA MÁIS BONITA
QUE ATA A AVOA CANDO MUXE ESCOITA RADIO RUXE.

Escoitar a ghaita, tocar a pandeireta, non somos os 40 somos quen nos peta,
quedamos no dial citados para bailar, ti súbete o volumen ata tolear.

Música fermosa, noites marabillosas, emitimos para nenos, para vellas e mozas,
achéghate aquí e apegha a orella que o aparato de radio está metendo caña.

ESCOITA, SINTONIZA, QUE COUSA MÁIS BONITA
QUE ATA A AVOA CANDO MUXE ESCOITA RADIO RUXE.

Falamos da terra, de fadas e meighas, reality shows dende as aldeas,
tocan para nos as mellores orquestras, emitimos en directo dende todas as festas.

En todas as feiras somos sempre os primeiros, o medio máis oído polo taberneiros,
somos o canal máis dicharacheiro, a radio que máis mola do mundo enteiro.