Letra de Mil homes circo

Ruxe-ruxe

Letra de Mil homes circo de Ruxe-ruxe
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de MIL HOMES CIRCO de RUXE-RUXE.

( Ruxe-Ruxe )

Pasen vostedes e vexan
o carromato dos fantoches,
cos incribles personaxes
que hoxe aquí se lle presentan

E quedarán coa boquiña aberta,
no noso circo serán felices
coas auténticas proezas
que hoxe estarán na nosa pista.

E AQUÍ ESTÁ, E AQUÍ VÉN
A CARAVANA DOS FANTOCHES
E AQUÍ ESTÁ, E AQUÍ TEN
A COLECCIÓN DE MONICREQUES...no milhomes circo.

Hoxe traemos o incrible texano
que lanza mísiles e come petróleo,
e a un dobre do cine mudo,
no gran dictador, que aterroriza os nenos.

E vexan vostedes os nosos pallasos
con "narizotas" e traxe de ministros,
e no arame a un vello funambulista
que moito abanea mais nunca se despista.

E tamén actuan os ilusionistas
e os conselleiros dos trapecistas,
e, como non, unha muller barbuda
moi aplaudida polos xornalistas.

Pasen vostedes e vexan
a colección de monifates,
o teatrillo de esperpentos,
e os espantallos máis ilustres.
Video de Mil homes circo

Escuchar "Mil homes circo" online

Ver el Top 20 de las letras de canciones de los artistas más buscados en general.

Top 20 de los artistas más buscados en US