Letra de Amarás miña terra (en gallego) (corregida para el webmaster)

Lucía Pérez

Letra de Amarás miña terra (en gallego) (corregida para el webmaster) de Lucía Pérez
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de AMARáS MIñA TERRA (EN GALLEGO) (CORREGIDA PARA EL WEBMASTER) de LUCíA PéREZ.

( Lucía Pérez )

(corregido «paixases» a «paisaxes»; no es necesario el atributo «(en gallego)» ya que el título oficial del tema implica que está en gallego)
Falando e falando xa sabes de min
Que veño de lonxe, o mesmo que ti
Que cando o meu cuarto xa queda pequeno
Pechando os meus ollos nos soños esperto
Por verdes paisaxes xunto a un mar azul

Quixera traelos aquí xunto a ti
Para que puideses conmigo sentir
Sentir a humidade que hai baixo das follas
E ver que tamén ti namóraste e soñas
Con non saír nunca de alí

Se me queres a min amarás miña terra
Xa virás algún día ver onde eu nacín
Se desexas amor e as miñas caricias
Voarás ó meu lado e amarás ti tamén
A miña Galicia

Falando e falando quéroche contar
Que eu me imaxino podendo voar
E como nun conto bogando nos ríos
Teu mundo e o meu mundo por sempre fundidos
E xuntos de novo soñar

Se me queres a min amarás miña terra
Xa virás algún día ver onde eu nacín
Se desexas amor e as miñas caricias
Voarás ó meu lado e amarás ti tamén
A miña Galicia, a miña Galicia

Se me queres a min amarás miña terra
Xa virás algún día ver onde eu nacín
Se desexas amor e as miñas caricias
Voarás ó meu lado e amarás ti tamén
A miña Galicia, a miña Galicia

A miña Galicia