Letra de Adiós ríos, adiós fontes (corregida para el webmaster)

Lucía Pérez

Letra de Adiós ríos, adiós fontes (corregida para el webmaster) de Lucía Pérez
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de ADIóS RíOS, ADIóS FONTES (CORREGIDA PARA EL WEBMASTER) de LUCíA PéREZ.

( Lucía Pérez )

(El título debe corregirse a "Adiós ríos, adiós fontes"; corregido "eu me criei" a "me eu criei," "trimbadoras" a "timbradoiras," "dolor" a "delor," "máis adentro" a "mar adentro," etc.)
Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos
Adiós vista dos meus ollos, non sei cando
Non sei cando nos veremos

Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei
Hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei
Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento
Paxariños piadores, casiña do meu contento
Muíño dos castañares, noites craras de luar
Campaniñas timbradoiras da igrexiña do lugar
Amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor
Caminiños entre o millo, adiós, para sempre, adiós

Adiós gloria, adiós contento, deixo a casa onde nacín
Deixo a aldea que conozo por un mundo que non vín
Deixo amigos por extraños, deixo a veiga polo mar
Deixo, en fin, canto ben quero, quén puidera non deixar
Adiós, adiós, que me vou
Herbiñas do camposanto donde meu pai se enterrou
Herbiñas que biquei tanto, terriña que nos criou

Xa se oien lonxe, moi lonxe as campanas do Pomar
Para min, ai, coitadiño nunca máis han de tocar
Xa se oien lonxe, máis lonxe, cada balada é un delor
Voume soio, sin arrimo, miña terra, adiós, adiós
Adiós tamén queridiña, adiós por sempre quizai
Dígoche este adiós chorando desde a beiriña do mar
Non me olvides, queridiña, si morro de soidás
Tantas légoas mar adentro, miña casiña, meu lar

Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos
Adiós vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos
Non sei cando nos veremos