Letra de Pandeirada do che

Luar Na Lubre

Letra de Pandeirada do che de Luar Na Lubre
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de PANDEIRADA DO CHE de LUAR NA LUBRE.

( Luar Na Lubre )

O primeiro L.P. en galego, 1969, é venezolano. O gran Celso Emilio Ferreiro tocou o pandeiro neste tema a carón de dous fillos do exilio, Xulio, fillo do xornalista Julio Formoso, membro do Directorio Revolucionario Ibérico (DRIL) e Farruco, fillo de Xosé Sesto, fundador do Partido Galeguista. Xulio e Farruco, vigueses, encheron a súa vida de Latinoamérica. E Ernesto ?Che? Guevara está en todas partes. ?Dá vergoña vivir coa conciencia acribillada? dicía Benedetti.

Dende o profundo da serra
Polo ar un vento ven
Un vento dun pensamento
Que leva o teu nome Che

Sen morte algunha que o pare
Morte que o poida conter
Corre libre pola xente
E leva o teu nome Che

Un vento coma unha estrela
Coma unha fouce de pé
Coma unha fouce afiada
Que leva o teu nome Che

Un vento cheio de ganas
De queimar e revolver
Un vento de lúa nova
Que leva o teu nome Che

O sangue que lle antecede
Co que xurde detrás del
Forma un feixe de rosas
Que leva o teu nome Che

E cando os nemigos fuxen
Ou comezan a morrer
Quen os abate é un vento
Que leva o teu nome Che

Un vento coma unha estrela
Coma unha fouce de pé
Coma unha fouce afiada
Que leva o teu nome Che

Un vento cheio de ganas
De queimar e revolver
Un vento de lúa nova
Que leva o teu nome Che.
Video de Pandeirada do che

Escuchar "Pandeirada do che" online

Ver el Top 20 de las letras de canciones de los artistas más buscados en general.

Top 20 de los artistas más buscados en US