Letra de Nada que contar

Heredeiros Da Crus

Letra de Nada que contar de Heredeiros Da Crus
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de NADA QUE CONTAR de HEREDEIROS DA CRUS.

( Heredeiros Da Crus )

Estou sentado tocando a guitarra
Intentando construir un tema bo
Teño o cerebro e a mente plana
Pois hai tempo que non fago unha canción

Non sei que pensarás ti deste tema
Se algún día o chegases a escoitar
A min sóame un pouco a Calamaro
Cando paso de séptima a menor

Aínda non empecín
Aínda non empecín a contarche nada
Aínda non empecín
Aínda non sabes ti de que historia trata

Decidín escribir algo triste
Pois hoxe non me atopo nada ben
Non son Yoshi, non sei facer temas tristes
¿Hay alguien ahí escuchando esta canción?

Algo xa falín
Algo xa contín, hoxe estou moi triste
Para que vexas ti
que un Heredeiro non solo conta chistes

Estou tratando que esta canción
Chegue a ter algo de repercusión
Agora síntome un pouco mellor
Chegoume a musa da inspiración

De que te ris ti?
que tes, mona? Xa non digo máis nada
E ía continuar, e ías a escachar
E agora quedas coas ganas

Estou sentado tocando a guitarra...