Letra de Ai non

Aid

Letra de Ai non de Aid
Busca letras de canciones, artistas y radios de diferentes paises y ciudades.

Letra de AI NON de AID.

( Aid )

Ai non, baixo o luar tras esta lua
paseniño dando pasos soa pola beirarúa, vou ao meu,
hoxe ai brétema e a city ten un ceu de seu, miro ao ceu,
a xente pasa ao meu carón, alleos e automáticos na dirección
seguindo cadanseu senlleiro
levando aqui dende o solpor
espéranos toda unha noite máxica imaxinándoa
ninguen descansa, aquí todo segue esperto
cando espeta a alborada agora cada vez mais perto
isto convértese no meu leito,
e repito por séptima vez, non teño flow
o que teño é xeito
palpítame este peito
axexando a ría q me veu nacer, todo semella tan perfeito
voo entre xoaniñas
e sen irme de aqui non podo evitar portar tanta morriña

Ai non, unha noite máis nesta cidadeee
pérdemonos entre a densidadeee
son momentos de non esquecer
ven, déixate caer mentres non chega o mencer

E lo? xa non es capaz mirar esta paisaxe na alboraxe?
achache unha mensaxe escrita noutra identidade
abaulloucado e xa almorzando as derradeiras estrelas
que aboian no roxo atmosférico con claridade
hai persoas a mancheas,
rúas onde pódense oir sereas e no mar vense as sereas
e ao lonxe un sereo, cando xa esclarece o ceo
o mesmo sitio coa misma esencia de seu
monumentos que semellan de papel
somos máis do que pintamos, é que temos un aquel...
que, aaaaaai os locais aspiran fume
mentres luces da cidade xa semellan vagalumes
e que hai cousas que non teñen traducción
hai xeitos de falar que din millor o que sentimos
sacando a máis sincera expresión
se puidendo lanzar beixos hoxe lanzo agarimos

Ai non, unha noite máis nesta cidadeee
pérdemonos entre a densidadeee
son momentos de non esquecer
ven, déixate caer mentres non chega o mencer